SEXTING+ACOSO+CIBERACOSO
O triste caso de Amanda Todd pode facernos reflexionar sobre as consecuencias do ciberacoso, do acoso, e sobre a perda da intimidade á que nos expoñemos coa práctica do sexting. Por se queres saber máis sobre esta práctica, aquí vai un enderezo con información: www.sexting.es
www.youtube.com/watch?v=Yebv7cxjCfA
30 oct 2012
5 jul 2012
Un diploma para A Basella
Amnistía Internacional agradece a nosa colaboración na rede de escolas polos Dereitos Humanos:
8 mar 2012
SOBRE OS ROLES DAS MULLERES
Algúns vídeos sobre o papel das mulleres, visto pola nosa sociedade e tamén nos debuxos de Disney. Preme aquí.
7 mar 2012
26 feb 2012
4 feb 2012
ACOSO ESCOLAR. BULLYING
Que é o acoso escolar ou bullying?
Un vídeo sobre o tema:
Non so os golpes deixan marca.
Excluír ó outro tamén é bullying.
Un vídeo sobre o tema:
Non so os golpes deixan marca.
Excluír ó outro tamén é bullying.
1 feb 2012
A RADIO E OS DEREITOS HUMANOS
Preme na imaxe e poderás escoitar os programas de Cristina relacionados con países do mundo que teñen conflitos de dereitos humanos. Países en conflito.
29 ene 2012
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Digo Viet Nam e basta
"Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e larva de carne podrecida.
Digo nenos de napal,
terror de noite e de selva,
fedor de cidade e cloaca.
Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.
Digo guerra bestial,
tremos de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.
Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.
Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gasoupa,
chuvia, amargura, baba.
Digo petróleo, ferro,
Mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.
Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soa palabra.
Pra abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta."
Sunday Bloody Sunday
-A canción interpretada por U2 e con subtítulos en español-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)